fbpx
Reservar

Facial

A túa faciana é o reflexo do teu ser

HIDRATACIÓN FACIAL 

Tratamento para limpar e hidratar a pel cun masaxe facial relaxante a base de aceites esenciais quentes

 

LIMPEZA OSIXENANTE

Tratamento aconsellado para limpar e desintoxicar a pel en profundidade. Indicado para todo tipo de peles.
– Limpa e osixena a pel
– Elimina impurezas e descamacións
– Pecha poros e axuda a tratar a acne.
– Prepara a pel e unifica o ton deixando sensación de frescor

 

SKIN CALMING 

Tratamento indicado para peles sensibles, deshidratadas e secas con cuperose, manchas e arroibamento.
Este tratamento equilibra a microbiota cutánea, renova a epiderme, reduce o arroibamento, calma a inflamación, sequidade e tensión.
Ten función rexeneradora, hidratante, antiinflamatoria, antioxidante e calmante.
Principios activos: aceites e extractos esenciais como a caléndula, a malva, a macela e a lavanda.

 

SKIN LUMINOUS 

Tratamento indicado para todo tipo de peles, aportando beleza e luminosidade inmediata:
– Trata e prevén a formación de engurras de expresión.
– Efecto tensor inmediato
– Reafirmante e rexenerador
– Aporta uniformidade de ton.
Principios activos: pos de perla, arandos e Centella asiática.

LIFTING ÁCIDO HIALURÓNICO

Axuda a corrixir a flaccidez, deshidratación e desvitalización dos tecidos. Indicado para peles maduras e avellentadas prematuramente, así como todo tipo de peles a partir dos 35 anos.
O ácido hialurónico estimula a síntese de coláxeno e elastina de xeito simultáneo e eficaz, outorgando unha pel tersa, xuvenil e sedosa.

 

SKIN PORES 

Reduce de xeito inmediato os poros e o exceso de graxa, limpa impurezas e puntos negros, prevén a acne e as afeccións características das peles graxas.
Tratamento:
– Purificante
– Desintoxicante
– Reduce o exceso de graxa
– Reduce o tamaño do poro
Principios activos: carbón activo e polisacáridos

 

SKIN REPAIRING 

Tratamento indicado para peles maduras:
– Reparador de ADN
– Define o óvalo facial.
– Restaura peles maduras para unha pel renovada ao instante.
Principios activos: dolomita e anís estrelado. Actúan no núcleo celular reparando o ADN.