fbpx
Reservar

Spasinho

O mundo rural galego, as tradicións ancestrais da comarca e os produtos do noso mar e terra son protagonistas deste espazo sensorial

 
 

A NOSA EXPERIENCIA CREANDO ESTADÍAS DE LUXO FUNDIDAS NO BOSQUE GALEGO FÍXONOS IR ALÉN.

QUERÍAMOS CREAR UN ESPAZO ARQUITECTONICAMENTE INNOVADOR E A UN TEMPO, PROCURANDO XERAR EXPERIENCIAS SENSORIAIS.

ASÍ QUE SPASINHO NACE CO OBXECTIVO DE RELAXAR, DESCONECTAR E SENTIR EXTRAORDINARIAMENTE. UN ESPAZO QUE OFRECE UN LUXO DE SENSACIÓNS PARA FUNDIRTE NA TÚA MÁIS PURA ESENCIA.

NON SOMOS UN SPA COMÚN. AS NOSAS INSTALACIÓNS SON ÚNICAS NO MUNDO E FUSIONAN TRADICIÓNS, ENTORNO RURAL E PRODUTOS QUE TE FARÁN VIAXAR NO TEMPO E NO ESPAZO.

INSTALACIÓNS EXTRAORDINARIAS

As nosas instalacións de termo-spa son únicas no mundo porque están combinadas con arquitectura de vangarda e antano. Unha fusión de presente, pasado e futuro para facer unha viaxe sensorial.

NATUREZA EXTRAORDINARIA

A nosa atalaia lévate a perderte nunha natureza infinita derredor. A beleza do mar e da terra galega faise protagonista e eleva a túa experiencia.

ONDAS SONORAS EXTRAORDINARIAS

Spasinho é mergullarse nun océano de ondas sonoras, de frecuencias coidadosamente elixidas para unha relaxación física, mental e espiritual.

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volvas á nosa web ou axudar o noso equipo a comprender as seccións da web que atopas máis interesantes e útiles.