fbpx
Reservar

Masaxe sensorial

Unha viaxe o teu interior

Experiencia única e persoal. Créase un espazo libre de xuízos onde  te permitas tomar esa pausa contigo deixándote levar por todo o que chegue a ti. Atravesaremos diferentes estados emocionais necesarios de librar e curar.

O noso corpo por norma xeral está sometido a moito estrés de todo o externo, pero tamén moi anclado ao pasado, polo tanto moi contaminado por traumas que seguen acompañándonos e que non somos conscientes de eles porque xa son parte da nosa realidade, e cando falamos de realidade, quere decir que están tan integrados en nós que xa forman parte de quen cremos ser, dos nosos comportamentos e da nosa forma de actuar no presente. Pero ¿ que tan real pode ser isto? ¿ Dende que lugar estamos vivindo? E ¿ Dende que perspectiva observamos a vida?.

Este encontro axúdache a facerte consciente de que existe a necesidade de escoitarnos e ver qué pasa dentro de nós, que está desexando ser visto para así poder liberalo e curalo.

A través desta masaxe conseguiremos chegar a emocións inconscientes, onde quedaron rexistrados bloqueos, resistencias, traumas, etc… que unha vez se activen podránse manifestar e podémolos percibir a través de .. risas, bágoas ou outras emocións.

Faise a través de movementos intuitivos e sobre  todo dunha  escoita presente que consiste en estar no aquí e no agora, polo cal para conseguir isto, levaremos toda a nosa atención a escoitar a linguaxe do noso corpo e as sinais que nos ofrece, conectando tamén co corazón que nos falará dos nosos desexos e necesidades.